miércoles, 12 de junio de 2024

Actividade do club de lectura das familias no 3º trimestre do curso 2023-2024

A proposta de lecturas para o 3º trimestre era a triloxía de novelas protagonizada polos inspectores Abad e Barroso creada por Arantza Portabales: Beleza vermella, A vida secreta de Úrsula Bas e O home que matou a Antía Morgade. Nas reunións celebradas en xaneiro e febreiro xa se procedeu ao reparto e intercambio dos libros da serie en previsión de que no mes de marzo non habería reunión.




No 3º trimestre tivemos 3 reunións: a 1ª tivo lugar o 16 de abril e nela procedemos á primeira valoración dos libros da triloxía de lectura proposta para o trimestre e ao intercambio de exemplares entre os membros do club. A petición dos membros do club que solicitaban outras lecturas da autora, a coordinadora presentou e repartiu exemplares de 2 títulos máis da autora: Deixe a súa mensaxe despois do sinal e Sobrevivindo (ed. ampliada).


Na 2º reunión, celebrada o 21 de maio, tivemos a visita da escritora Arantza Portabales que nos falou por extenso da súa chegada á escritura e do éxito da súa triloxía:















A ultima reunión do curso tivo lugar o 11 de xuño e nela fixemos valoración das actividades desenvolvidas e aprovisionámonos de lectura para o verán!

No hay comentarios:

Publicar un comentario