lunes, 10 de junio de 2024

Actividade dos clubs de lectura de manga do IES Xulián Magariños no 1º trimestre do curso 2023-2024

 

O luns 25 de setembro, coincidindo coa apertura da Biblioteca, tiveron lugar nos recreos 2 sesións informativas sobre os clubs de lectura de manga. No resto dos recreos da semana seguiu informándose ao alumnado interesado nos recreos e houbo un prazo para anotarse ata fin de mes.

Aos clubs anotáronse inicialmente 20 alumnos de 1º a 4º da ESO (aínda que o número de participantes real foi de 17). Para facilitar a comunicación entre os membros dos clubs, a coordinadora envioulles unha solicitude aos responsables do alumnado interesado para incluílos nun grupo de washap que se utilizaría como medio principal de comunicación entre os membros do club.




Unha vez recibidas as pertinentes autorizacións, formáronse 2 grupos de lectura: un grupo de 8 alumnos de 4º da ESO (3 rapaces e 5 rapazas), que xa formaran parte do club o ano anterior, e un 2º grupo de 9 alumnas (5 de 1º da ESO, 1 de 2º e 3 de 3º) das cales só 3 formaran parte do club o curso anterior.

As actividades comezaron no mes de outubro os días 17 e 19 con 2 sesións de “formación” na que o alumnado máis veterano dos clubs explicou ao novo alumnado as peculiaridades da lectura dun manga, as series existentes na biblioteca e fixo as súas propias propostas de lectura.



O resto das reunións dos clubs tiveron lugar o 10 de novembro e o 15 de decembro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario