lunes, 10 de junio de 2024

Actividade do Club de lectura de manga e do Club de lectura das familias no 2º trimestre do curso 2023-2024

Polo que respecta ás actividades dos Clubs de manga, estes reuníronse o 12 de xaneiro, o 20 de febreiro e o 18 de marzo. Foron reunións de valoración, comentario e intercambio de exemplares. 

A reunión do 20 de febreiro coincidiu coa visita ao noso centro do libreiro Javier Castro, quen montou no centro unha mostra de material. Ao coincidir en martes, o alumnado dos clubs -a petición da coordinadora- aproveitou a hora anterior ás clases da tarde para facer unha selección de novo material de lectura 

e, mesmo, recomendou lecturas de manga aos seus compañeiros do centro nunha actividade de mediación lectora.


Polo que respecta ao Club de lectura das familias, tivo 2 reunións neste trimestre: a 1ª o 20 de xaneiro para facer a valoración e comentario de Pecados veniais. Nesa reunión procedeuse tamén ao reparto das lecturas propostas para o 3º trimestre (e das que falaremos máis adiante) posto que non habería reunión do club no mes de marzo e na de febreiro estaba previsto unha charla literaria. Efectivamente, a 2ª celebrouse o 20 de febreiro e nela gozamos dun encontro literario con Nazaret López a propósito da súa obra.








 

No hay comentarios:

Publicar un comentario