As rapazas e rapaces do Club de lectura participaron na actividade organizada polo ENDLG e a BIBLIOTECA en homenaxe a Rosalía de Castro no día do seu aniversario.
Durante o acto leron un manifesto e uns poemas.
As rapazas e rapaces do Club de lectura participaron na actividade organizada polo ENDLG e a BIBLIOTECA en homenaxe a Rosalía de Castro no día do seu aniversario.
Durante o acto leron un manifesto e uns poemas.
Na reunión do 12
de febreiro, ademais das valoracións das obras lidas, preparamos as
actividades da 2ª quincena do mes relacionadas coas outras 2 lecturas do
trimestre:
O sábado 21
de febreiro desprazámonos ás Torres de Meirás (Sada) para facer unha visita
seguindo a lectura d’A ladroa da biblioteca de Meirás, de Eva Mejuto.
Coñecemos a historia das Torres e os espazos da novela acompañados das nosas
familias nunha saída que se complementou coa vista ao Castelo de Santa Cruz
(Oleiros), que fora propiedade do marido de Emilia Pardo Bazán.
Apenas unha semana despois, o venres 27 de febreiro asistimos no Auditorio Municipal de Negreira á representación da montaxe teatral d’O proceso por parte de Malasombra Produccións, baseada na 3ª lectura escollida no neste curso. Foi esta tamén unha experiencia compartida coas nosas familias e da que gozamos inmenso.
Desa presentación saímos coa nosa próxima lectura xa decidida!!!
Nace un novo programa de radio na canle do IES Xulián Magariños: Bibliotecarias.
Un programa de contido cultural, relacionado cos libros e coas lecturas e creado polas rapazas e rapaces do club de lectura.
Este é o primeiro programa, que poderedes escoitar na plataforma IVOXX