sábado, 18 de junio de 2022

Ata o curso que vén!!

O xoves 16 tivemos a última reunión deste curso dos clubs de lectura. Foi unha reunión de valoración desta experiencia que puxemos a andar hai 8 meses con moita ilusión e que esperamos continuar o ano vindeiro. Temos moitas ideas para o curso 22-23 é o mellor de todo é que estas parten dos propios membros do club que van elaborando os seus propios itinerarios lectores: biografías de escritoras, clubs de manga... 





Tamén agasallamos aos rapaces/as que participan no programa Bibliotecas escolares solidarias como voluntarios na biblioteca (nesta foto algúns deles/as coa coordinadora da Biblio). Tamén son membros activos do noso club de lectura e responsables da dinamización da lectura no noso centro. Parabéns!!



Para o curso 22-23 esperamos ofrecer moitas máis liñas de lectura dentro deste proxecto para o IES Xulián Magariños. Vémonos en setembro!!

martes, 14 de junio de 2022

Despedindo o curso...

 O vindeiro xoves 16 de xuño teremos a última reunión dos clubs de lectura deste curso. Esperámosvos nos recreos para facer balance final das actividades e animarnos para o vindeiro curso!!







martes, 24 de mayo de 2022

Próxima reunión do Club de lectura (xoves 26 de maio)

 Nos recreos do xoves 26 de maio teremos a próxima reunión do Club de lectura (xa case con sabor de final de curso) e na que daremos conta das actividades previstas para rematar este curso e tamén as que prevemos para o vindeiro... Aquí vos deixo algunhas das fotos da reunións deste ano:






Visita de Víctor Boullón ao IES Xulián Magariños (22 abril 2022)

 Como xa anunciaramos con anterioridade, o éxito da obra de Víctor Boullón entre o noso alumnado máis novo animounos a convidalo a visitar o centro para manter un encontro cos lectores de 2º da ESO a propósito de Aleida



Víctor tivo a amabilidade de aceptar a invitación e na Semana do Libro, o venres 22 de abril, tivo un encontro co alumnado de 2º da ESO para falar da súa obra literaria e responder ás preguntas sobre a mesma. Os membros do Club realizaron a presentación biobibliográfica e a primeira quenda de preguntas que se lle plantexaron.

Aquí están as fotos da visita: 


Á esquerda, as presentadoras -Sabela e Jenny.



Víctor respondendo ás preguntas do alumnado...

Algunhas das rapazas que preguntaron...


Foi unha actividade estupenda que rematou cunha sinatura de exemplares de Aleida. Grazas, Víctor11


lunes, 18 de abril de 2022

Reunión do Club de lectura (xoves 21 de abril)

 O vindeiro xoves 21 de abril reunirémonos nos recreos na Biblioteca para comentar a evolución das nosas lecturas e aproveitaremos para presentar dúas novidades para os clubs que nos parecen de relevancia.

Para o noso club de Historia de España e novela gráfica presentaremos Contrapaso. Los hijos de los otros (2021) de Teresa Valero. A novela ambiéntase no Madrid de 1956 e por ela vemos discorrer os sucesos da España recente: represión aos vencidos da Guerra, a supresión dos dereitos da muller, o roubo de nenos baixo o franquismo... 


Para o lectorado máis novo, unha proposta novidosa en canto á temática, pois traballa a cuestión dos "creepypasta" ou lendas urbanas xurdidas do mundo da Internet, e en canto á estética, ao aproximarse ao debuxo dos fanzines autoeditados. Da autoría de Anabel Colazo, No mirés atrás (2019) está protagonizado por Blanca, unha rapaza nova que non sabe distinguir se o que ve é produto dos seus traumas ou existe en realidade.


Vémonos este xoves para compartir novidades e valoración das lecturas!

lunes, 7 de marzo de 2022

Terceira reunión do Club de lectura (xoves 10 de marzo)

 Este xoves 10 de marzo estaremos na Biblioteca nos 2 recreos para falar da evolución das nosas lecturas  e para comentar tamén o éxito que está a ter entre o alumnado máis novo a continuación de Aleida: Aleida II. A Cruzada


O éxito desta proposta lectora de Víctor Boullón vaise ver completada cunha vista ao centro do propio autor. Máis información este xoves!!

lunes, 10 de enero de 2022

Segunda reunión do Club de lectura (xoves 13 de xaneiro)

 Este xoves no 1º recreo reunirémonos na Biblioteca para facer unha valoración das nosas lecturas e para presentar as novas adquisicións para o Club (suxeridas polos membros na anterior reunión)

.De Jaume Martín, Siempre tendremos 20 años, que pecha a triloxía que o autor dedica a contarnos a historia da súa familia.



Para os lectores máis novos do noso club de novela gráfica en galego, unha novidade ben interesante: Aldara, a lenda do cervo branco, de Inés Vázquez.



Agardámosvos!!