A 1ª reunión deste curso foi o luns 15 de setembro ás 5 da tarde na biblioteca do IES.
Foi convocada a través da plataforma Abalar e invitouse a todas as persoas interesadas en participar.
Nesta 1ª reunión (á que asistiron 18 persoas) explicamos a dinámica de funcionamento do club, así como algunhas das actividades habituais realizadas ao redor das lecturas propostas en cursos anteriores.
Preparamos como proposta un itinerario lector con 6 títulos de narrativa (con distintas dificultades de lectura) sobre o tema dos nazis en Galicia composto polos seguintes títulos.
-Carmen Caramés, A casa da mina, Dr. Alveiros.
-Manuel Gago, O exército do fume, Xerais
-Luís Manuel García Mañá, Por que as sombras non teñen ollos, Xerais
-Fran P. Lorenzo, Cabalos e lobos, Xerais
-Eva Mejuto, Memoria do silencio, Xerais,
-Xabier Quiroga, Izan o da saca, Xerais
Fixamos como día de reunión os luns e acordamos convocar as seguintes reunións a través dun grupo de washap. Tamén repartimos os libros entre as persoas asistentes.
As reunións deste trimestre tiveron lugar os días 13 de outubro e 17 de novembro. Nelas comentamos os libros lidos. Tamén fomos observando as preferencias de lectura dos membros do club e definindo as estratexias de funcionamento do club para os meses seguintes.
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario