martes, 28 de abril de 2026

Club de lectura das familias: Visita á exposición "Castelao grafista" en Negreira

 Para finalizar as nosas actividades deste intenso mes de abril, o martes 28 volvemos reunirnos na Casa da Cultura de Negreira para presentar e repartir as novas lecturas para os meses de maio e xuño.








- Arantza Portabales, Asasinato na casa rosa, Galaxia.

- Arantza Portabales, Asasinato no muíño do cura, Galaxia, 

- María Solar, As malas ideas, Xerais, 


Nesta ocasión despois da reunión realizamos unha visita guiada á exposición Castelao grafista.

Nesta panorámica da obra gráfica de Castelao puidemos ver caricaturas publicadas na prensa ou láminas dos seus álbums máis coñecidos como NósMilicianos ou Atila en Galicia.

A coordinadora do Club realizou a visita guiada -á que estaba invitada calquera persoa da comunidade educativa que quixese participar- e tróuxonos facsímiles dos álbums de Castelao que puidemos contemplar.











lunes, 27 de abril de 2026

Club de lectura das familias: Roteiro Mazarelos con Manuel Portas

27 de abril realizamos un roteiro literario pola zona vella de Compostela acompañados de Manuel Portas sobre a súa novela Mazarelos.

Esta é a segunda ocasión que gozamos da súa compañía, pois o curso pasado xa nos visitara na Biblioteca do noso IES para falarnos dalgunhas das súas obras narrativas. Naquela visita mencionounos tamén a novela que estaba a escribir e que apareceu publicada a finais do pasado ano.

Grazas á xenerosidade deste autor, tivemos a enorme sorte de que nos acompañase polos espazos da súa novela nas rúas compostelás e de que compartise connosco o moito que sabe da nosa Historia.

Graciñas, Manolo, e ata a próxima!





miércoles, 22 de abril de 2026

Contos no CPI O COTO

 Chegou o día.

As nosas lectoras achegáronse ao cole de primaria para lerlles contos aos rapaces e rapazas  de 3º de primaria.

Foi unha experiencia moi enriquecedora, porque, ademais dos sentimentos de benestar que esperta compartir lecturas cos pequenos, algúns  tiñan irmáns entre o público. Toda unha sorpresa.

Grazas, Bea. Repetiremos a experiencia.






jueves, 16 de abril de 2026

Club de lectura das familias: actividades de marzo e abril

 18 de marzo tivemos a reunión para o reparto da lectura acordada o mes pasado e a presentación da obra escollida,  realizada pola coordinadora.


A seguinte reunión tivo lugar o 16 de abril e nesta ocasión non se realizou na biblioteca do IES senón na Biblioteca Municipal de Negreira pois, despois da nosa reunión, asistimos ao visionado do documental “A rebelión da lectura” no Auditorio da Casa da Cultura de Negreira.

Despois de ver o documental, participamos co resto de asistentes nun coloquio coas directoras do documental. Nesta actividade, organizada pola Biblioteca Municipal do Concello de Negreira para conmemorar o Día do Libro, puidemos coñecer o proxecto “Espazo Lectura”, un proxecto global de fomento do libro e da lectura en lingua galega que se desenvolve en Gondomar desde hai máis de 20 anos (https://www.espazolectura.gal/).


martes, 7 de abril de 2026

E agora, que lemos? Escollendo lecturas para este trimestre

 Despois da visita á Kómic viñemos cargados de novidades. 

Escollede!

Hai banda deseñada de misterio, de aventuras, de medo, adaptacións de novelas, crónicas… 

Para todos os gustos.