lunes, 2 de enero de 2023

Actividades dos clubs de lectura no 1º trimestre do curso 2022-23: Club de lectura do profesorado

 Tal e como acordaramos na última reunión do Club do pasado curso 2021-22, neste novo curso o Club de lectura do Profesorado (formado nesta ocasión por 6 profesoras dos departamentos de Historia, Bioloxía, Lingua española e Lingua galega e coordinado pola responsable da biblioteca escolar) vai seguir un itinerario lector centrado nas biografías de mulleres escritoras.

A 1º parte deste itinerario xira arredor da figura de Emilia Pardo Bazán. 


Nas dúas primeiras reunións do 1º trimestre (celebradas o 7 de outubro e o 1 de decembro) fíxose presentación e a primeira valoración das lecturas propostas sobre a súa figura: dúas biografías en castelán en formato novela gráfica e dúas propostas de ficción en galego, tamén en novela gráfica, que a inclúen como protagonista secundaria:

Emilia de la oscuridad a la luz

Emilia Pardo Bazán
A tumba de Breogán

O voo da curuxa: Unha tarde con Dona Emilia no Pazo de Meirás


Na última reunión do trimestre, celebrada o 20 de decembro, realizou a valoración final das lecturas e presentáronse dúas novas lecturas en galego sobre esta figura. O motivo desta ampliación das lecturas foi o interese que a figura de Emilia Pardo Bazán está suscitando entre os membros do Club polo que decidimos dedicarlle á súa figura máis tempo e actividades das inicialmente dispostas.

Estas lecturas son un ensaio e unha lectura de ficción: 

Movendo os marcos do patriarcado. O pensamento feminista de Emilia pardo Bazán



A ladroa da Biblioteca de Meiras


Na mesma reunión acordamos que a visita á Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán na Coruña (prevista inicialmente como actividade de final de trimestre e imposible de realizar ao atoparse pechada por reformas) sexa substituída por un Roteiro que inclúa o Pazo de Meirás e a cidade vella coruñesa (a súa Marineda) no 2º trimestre.


Actividades dos nosos clubs de lectura no 1º trimestre do curso 2022-2023: Posta en marcha do novo Club de manga

 Por petición do alumnado do IES no pasado curso 2021-22, este curso animámonos a poñer en marcha unha proposta de Club de manga para o alumnado que conta coa colaboración como co-coordinadores de 2 alumnos (1 rapaz e 1 rapaza) de 3º da ESO do noso centro.

No mes de setembro, antes da apertura oficial da Biblioteca (prevista para o luns 26 de setembro) preparamos a nosa "Zona manga" na Biblioteca. Trátase dun espazo que permite a exposición directa do material e tamén serve como zona de reunión para o alumnado.


O mesmo día da apertura oficial da Biblioteca, nos 2 recreos da mañá, houbo unha presentación para o alumnado interesado en participar no Clubs de manga realizada pola Coordinadora da biblioteca e polos 2 alumnos co-coordinadores. Explicamos o funcionamento e do Club e amosamos as propostas de lectura.




Na semana seguinte apuntáronse ao club de manga 20 alumnos da ESO (11 rapazas e 9 rapaces) de 1º (5 al.), 2º (6 al.) e 3º (9 al.). Acordouse crear 2 grupos de lectura equilibrados (de 10 al.) baixo a coordinación de cada un dos alumnos co-coordinadores: o 1º grupo formado polos 5 alumnos de 1º e e 5 alumnos de 2ª) e o 2º formado polos 9 al. de 3º e 1 alumno de 2º, e facer as reunións unha vez ao mes (no mesmo día os 2 grupos pero en distintos recreos).
As reunións deste 1º trimestre tiveron lugar os días 13 de outubro, 18 de novembro e 19 de decembro. Nas reunións (deixamos algunhas fotos) coméntanse os libros e fanse propostas de lectura.







Este 1º trimestre de actividades do Club de manga pechouse o día 20 de decembro pola tarde cunha Charla-encontro na Biblioteca con Gabriel Álvarez Martínez, tradutor profesional de manga.  




Para saber das súas traducións, premer aqui.

Foi un encontro estupendo no que Gabriel nos explicou como chegou a ser tradutor de xaponés, como é o seu traballo como tradutor e como é a súa relación coa cultura xaponesa. Aquí deixamos algunhas fotos dese encontro: