lunes, 18 de abril de 2022

Reunión do Club de lectura (xoves 21 de abril)

 O vindeiro xoves 21 de abril reunirémonos nos recreos na Biblioteca para comentar a evolución das nosas lecturas e aproveitaremos para presentar dúas novidades para os clubs que nos parecen de relevancia.

Para o noso club de Historia de España e novela gráfica presentaremos Contrapaso. Los hijos de los otros (2021) de Teresa Valero. A novela ambiéntase no Madrid de 1956 e por ela vemos discorrer os sucesos da España recente: represión aos vencidos da Guerra, a supresión dos dereitos da muller, o roubo de nenos baixo o franquismo... 


Para o lectorado máis novo, unha proposta novidosa en canto á temática, pois traballa a cuestión dos "creepypasta" ou lendas urbanas xurdidas do mundo da Internet, e en canto á estética, ao aproximarse ao debuxo dos fanzines autoeditados. Da autoría de Anabel Colazo, No mirés atrás (2019) está protagonizado por Blanca, unha rapaza nova que non sabe distinguir se o que ve é produto dos seus traumas ou existe en realidade.


Vémonos este xoves para compartir novidades e valoración das lecturas!