lunes, 12 de junio de 2023

Actividades do club de lectura do profesorado no 3º trimestre

Entre os meses de marzo e xuño realizamos as nosas lecturas sobre as outras dúas escritoras previstas para este curso, Carmen Laforet e Agatha Christie.



Na reunión do 19 de abril procedemos á valoración das 2 obras seleccionadas sobre esta autora, unha biografía elaborada polo seu fillo:

-El libro de Carmen Laforet vista por si misma, Agustín Cerezales Laforet, Destino, 2021.





-Nada, Claudio Stassi, Planeta Cómic, 2021.


Deixamos tamén aquí unha breve entrevista ao seu fillo publicada en La Voz de Galicia con motivo da publicación da biografía

Na reunión do 11 de maio comentamos as obras seleccionadas sobre Agatha Christie:

    -Ven y dime cómo vives. Una escritora inglesa en Oriente Medio, Agatha Christie, Tusquets Editores, 2022.



-Agatha Christie. Morte no Nilo, François Rivière, El Patito Editorial, 2011.



-Agatha Christie. Os catro grandes, Alain Paillou, El Patito Editorial, 2011.



    Finalmente, o 12 de xuño ao mediodía as profesoras do club tivemos unha comida de despedida e valoración final das lecturas e actividades desenvolvidas no curso. Os membros do club destacaron especialmente as dúas actividades dedicadas á figura de Pardo Bazán polo que tiveron de experiencia compartida e manifestaron o seu interese en seguilas realizando para o curso que vén.


domingo, 11 de junio de 2023

Actividade dos clubs de lectura de manga no 3º trimestre

 No 3º trimestre de curso as reunións dos clubs de manga reanudáronse o día 20 de abril. Nas reunións dese día procedeuse ao comentario das lecturas e as recomendacións das mesmas entre os membros do grupo. Tamén se presentou a actividade central deste trimestre: a visita á Feira do Libro de Santiago e a dúas librarías da cidade.

Esta actividade tivo lugar o día 4 de maio de 5 a 7.30 da tarde. O alumnado dos clubs de manga, acompañado do alumnado colaborador da Biblioteca, realizou unha saída a Santiago acompañado por 2 profesoras do equipo da Biblioteca. Visitamos a Feira do Libro situada na Alameda e 2 librarías da cidade: La Casa del Libro e a Libraría Kómik. Nas dúas realizamos unha vista guiada, adquirimos exemplares -tanto propios coma para a Biblioteca do centro- e, no caso da Kómik, aproveitamos para felicitalos polo 36º aniversario da súa apertura que se celebraba precisamente ese día. Parabéns!!



As últimas reunións do curso tiveron lugar o venres 9 de xuño e nelas fixemos balance das actividades e lecturas realizadas e tamén presentamos algunhas propostas de lectura de cara ao vindeiro curso adquiridas na nosa visita á Komik.