jueves, 7 de mayo de 2026

QUE ESTAMOS LENDO?

 Seguimos con BANDA DESEÑADA.

Pero desta volta imos compartir diferentes títulos. Cadaquén escolle en función do tema que lle interese. Le e intercambia con outra ou outro compañeira.

Na próxima reunión compartiremos impresións.



miércoles, 6 de mayo de 2026

Unha viaxe ao mundo do libro

Hoxe, as mozas e mozos do club de lectura do Xulián Magariños viviron unha mañá intensa. Comezamos cunha visita guiada á Biblioteca Ánxel Casal. Aquí descubrimos o miolo dunha biblioteca pública: que servizos presta, que actividades deseña, con que seccións conta, como se busca un libro, como se presta, que hai na hemeroteca, por que se fan os puntos e interese, como se clasifican os fondos…

A visita rematou cun Kamishibai interpretado polas bibliotecarias.

Mais a mañá aínda nos deparaba máis descubertas: a Feira do libro, situada na Alameda de Santiago, e ……. SORPRESA! 

Un obradoiro de FANZINE coa poeta Branca Trigo.

Unha mañá completa e ben INTERESANTE





martes, 28 de abril de 2026

Club de lectura das familias: Visita á exposición "Castelao grafista" en Negreira

 Para finalizar as nosas actividades deste intenso mes de abril, o martes 28 volvemos reunirnos na Casa da Cultura de Negreira para presentar e repartir as novas lecturas para os meses de maio e xuño.








- Arantza Portabales, Asasinato na casa rosa, Galaxia.

- Arantza Portabales, Asasinato no muíño do cura, Galaxia, 

- María Solar, As malas ideas, Xerais, 


Nesta ocasión despois da reunión realizamos unha visita guiada á exposición Castelao grafista.

Nesta panorámica da obra gráfica de Castelao puidemos ver caricaturas publicadas na prensa ou láminas dos seus álbums máis coñecidos como NósMilicianos ou Atila en Galicia.

A coordinadora do Club realizou a visita guiada -á que estaba invitada calquera persoa da comunidade educativa que quixese participar- e tróuxonos facsímiles dos álbums de Castelao que puidemos contemplar.











lunes, 27 de abril de 2026

Club de lectura das familias: Roteiro Mazarelos con Manuel Portas

27 de abril realizamos un roteiro literario pola zona vella de Compostela acompañados de Manuel Portas sobre a súa novela Mazarelos.

Esta é a segunda ocasión que gozamos da súa compañía, pois o curso pasado xa nos visitara na Biblioteca do noso IES para falarnos dalgunhas das súas obras narrativas. Naquela visita mencionounos tamén a novela que estaba a escribir e que apareceu publicada a finais do pasado ano.

Grazas á xenerosidade deste autor, tivemos a enorme sorte de que nos acompañase polos espazos da súa novela nas rúas compostelás e de que compartise connosco o moito que sabe da nosa Historia.

Graciñas, Manolo, e ata a próxima!





miércoles, 22 de abril de 2026

Contos no CPI O COTO

 Chegou o día.

As nosas lectoras achegáronse ao cole de primaria para lerlles contos aos rapaces e rapazas  de 3º de primaria.

Foi unha experiencia moi enriquecedora, porque, ademais dos sentimentos de benestar que esperta compartir lecturas cos pequenos, algúns  tiñan irmáns entre o público. Toda unha sorpresa.

Grazas, Bea. Repetiremos a experiencia.






jueves, 16 de abril de 2026

Club de lectura das familias: actividades de marzo e abril

 18 de marzo tivemos a reunión para o reparto da lectura acordada o mes pasado e a presentación da obra escollida,  realizada pola coordinadora.


A seguinte reunión tivo lugar o 16 de abril e nesta ocasión non se realizou na biblioteca do IES senón na Biblioteca Municipal de Negreira pois, despois da nosa reunión, asistimos ao visionado do documental “A rebelión da lectura” no Auditorio da Casa da Cultura de Negreira.

Despois de ver o documental, participamos co resto de asistentes nun coloquio coas directoras do documental. Nesta actividade, organizada pola Biblioteca Municipal do Concello de Negreira para conmemorar o Día do Libro, puidemos coñecer o proxecto “Espazo Lectura”, un proxecto global de fomento do libro e da lectura en lingua galega que se desenvolve en Gondomar desde hai máis de 20 anos (https://www.espazolectura.gal/).


martes, 7 de abril de 2026

E agora, que lemos? Escollendo lecturas para este trimestre

 Despois da visita á Kómic viñemos cargados de novidades. 

Escollede!

Hai banda deseñada de misterio, de aventuras, de medo, adaptacións de novelas, crónicas… 

Para todos os gustos.





miércoles, 25 de marzo de 2026

Contos para os máis pequenos

 Para celebrar o Día do libro, que mellor actividade que compartir unhas lecturas!

As nosas lectoras argallaron ler uns contos no cole de primaria, o que hai apenas uns meses aínda era o seu colexio.

A actividade comeza cunha visita á biblioteca do CPI o Coto, na que Bea, a coordinadora nos mostra que libros poden ser de interese para os pequenos. Continúa cunha sesión do club para ler e escoller os contos que consideramos que poden ser máis atractivos para unha sesión de lectura e continúa con varias sesións de preparación.





martes, 24 de marzo de 2026

Visita a Santiago

 Hoxe as nosas lectoras viaxaron a Santiago de Compostela para coñecer unha librería especializada e unha biblioteca histórica.

Pío e Inés, da librería Kómic, foron uns marabillos anfitrións e guías. Grazas a eles coñecemos as últimas novidades en banda deseñada, as diferenzas nos trazos dos debuxos, os diferentes estilos entre o cómic americano, o europeo e o asiático, e un mundo de cousas máis.

Tamén fomos visitar a Biblioteca da Facultade de Historia, un xoia do patrimonio universitario.




lunes, 23 de febrero de 2026

O xardín de Rosalía

 As rapazas e rapaces do Club de lectura participaron na actividade organizada polo ENDLG e a BIBLIOTECA en homenaxe a Rosalía de Castro no día do seu aniversario.

Durante o acto leron un manifesto e uns poemas.



sábado, 21 de febrero de 2026

Club de lectura das familias: en febreiro un mundo de actividades

Na reunión do 12 de febreiro, ademais das valoracións das obras lidas, preparamos as actividades da 2ª quincena do mes relacionadas coas outras 2 lecturas do trimestre:



O sábado 21 de febreiro desprazámonos ás Torres de Meirás (Sada) para facer unha visita seguindo a lectura d’A ladroa da biblioteca de Meirás, de Eva Mejuto. Coñecemos a historia das Torres e os espazos da novela acompañados das nosas familias nunha saída que se complementou coa vista ao Castelo de Santa Cruz (Oleiros), que fora propiedade do marido de Emilia Pardo Bazán.


Apenas unha semana despois, o venres 27 de febreiro asistimos no Auditorio Municipal de Negreira á representación da montaxe teatral d’O proceso por parte de Malasombra Produccións, baseada na 3ª lectura escollida no neste curso. Foi esta tamén unha experiencia compartida coas nosas familias e da que gozamos inmenso.



Tamén neste mes, convidados por Manuel Portas (quen visitara o noso club o curso pasado), asistimos á presentación da súa nova novela na libraría Bandini de Bertamiráns o venres 20 de febreiro.

Desa presentación saímos coa nosa próxima lectura xa decidida!!!







martes, 3 de febrero de 2026

Bibliotecarias: o programa de radio do club de lectura

 


Nace un novo programa de radio na canle do IES Xulián Magariños: Bibliotecarias. 

Un programa de contido cultural, relacionado cos libros e coas lecturas e creado polas rapazas e rapaces do club de lectura.

Este é o primeiro programa, que poderedes escoitar na plataforma IVOXX

https://go.ivoox.com/rf/170785456?utm_source=embed_audio_new&utm_medium=share&utm_campaign=new_embeds



miércoles, 28 de enero de 2026

Club de lectura das familias: encontro con Nerea Pallares, autora de Punto de araña

Na reunión do 19 de xaneiro preparamos a visita de Nerea Pallares, con quen tivemos un encontro o 28 de xaneiro na nosa Biblioteca.

Con ela compartimos unha reunión chea de preguntas e comentarios ao redor da súa novela.





martes, 13 de enero de 2026

O diario de Ana Frank

Comezamos o trimestre cunha lectura en banda deseñada: O diario de Ana Frank




Presentámosvos a nosa mascota: BIBLI


 Este é Bibli,  a mascota do club de lectura do Xulián Magariños: o gato que se alimenta de lecturas.