lunes, 15 de diciembre de 2025

Club de lectura das familias: comezando o 2º trimestre (decembro a febreiro)

Na reunión do 15 de decembro presentamos as novas propostas de lectura para o segundo trimestre (2 novelas e unha obra de teatro), así como as actividades a desenvolver sobre elas (ademais do comentario e valoración): encontros con escritores, roteiros literario, asistencia ao teatro...

As lecturas van ser as seguintes:  

-Nerea Pallares, Punto de araña, Galaxia.

-Eva Mejuto, A ladroa da biblioteca de Meirás, Xerais.

-Cándido Pazó, O proceso, Galaxia.

 









martes, 9 de diciembre de 2025

QUE ESTAMOS LENDO!

Inauguramos as conversas literarias arredor de SUBNORMAL, a historia de Iñaki Zubizarreta en banda deseñada.




martes, 11 de noviembre de 2025

Que lemos?

 Nesta sesión indagamos sobre a nosa biografía lectora: que lemos?.

Para realizar a sesión empregamos a dinámica dos círculos de diálogo e, a verdade é que resultou ben interesante. A través de preguntas dirixidas descubrimos:

- que personaxe de ficción seria

- que autor sería

- que agardo deste grupo

- que me gustaría ler

- que libro me converteu en lectora

- que libro lería unha e outra vez

Que ben o pasamos! 





martes, 7 de octubre de 2025

Un novo curso. Un novo grupo de lectoras e lectores

Comezamos un novo curso con moitas ganas de novas lecturas.
Nesta primeira reunión, en outubro, presentámonos, falamos dos nosos gustos literarios, das nosas expectativas lectoras... Ademais, acordamos as dinámicas do club, as sesións de reunión e a periodicidade e as actividades que se prevén desenvolver.

 3...., 2..., 1..., COMEZAMOS O CURSO 25-26




lunes, 15 de septiembre de 2025

Club de lectura das familias. Actividade do 1º trimestre (setembro a novembro 2026). Comezamos!

 A 1ª reunión deste curso foi o luns 15 de setembro ás 5 da tarde na biblioteca do IES.

Foi convocada a través da plataforma Abalar e invitouse a todas as persoas interesadas en participar.

Nesta 1ª reunión (á que asistiron 18 persoas) explicamos a dinámica de funcionamento do club, así como algunhas das actividades habituais realizadas ao redor das lecturas propostas en cursos anteriores.

Preparamos como proposta un itinerario lector con títulos de narrativa (con distintas dificultades de lectura) sobre o tema dos nazis en Galicia composto polos seguintes títulos.



-Carmen Caramés, A casa da mina, Dr. Alveiros.

-Manuel Gago, O exército do fume, Xerais

-Luís Manuel García Mañá, Por que as sombras non teñen ollos, Xerais

-Fran P. Lorenzo, Cabalos e lobos, Xerais

-Eva Mejuto, Memoria do silencio, Xerais, 

-Xabier Quiroga, Izan o da saca, Xerais

 

Fixamos como día de reunión os luns e acordamos convocar as seguintes reunións a través dun grupo de washap. Tamén repartimos os libros entre as persoas asistentes.


As  reunións deste trimestre tiveron lugar os días 13 de outubro e 17 de novembro. Nelas comentamos os libros lidos. Tamén fomos observando as preferencias de lectura dos membros do club e  definindo as estratexias de funcionamento do club para os meses seguintes.