lunes, 15 de septiembre de 2025

Club de lectura das familias. Actividade do 1º trimestre (setembro a novembro 2026). Comezamos!

 A 1ª reunión deste curso foi o luns 15 de setembro ás 5 da tarde na biblioteca do IES.

Foi convocada a través da plataforma Abalar e invitouse a todas as persoas interesadas en participar.

Nesta 1ª reunión (á que asistiron 18 persoas) explicamos a dinámica de funcionamento do club, así como algunhas das actividades habituais realizadas ao redor das lecturas propostas en cursos anteriores.

Preparamos como proposta un itinerario lector con títulos de narrativa (con distintas dificultades de lectura) sobre o tema dos nazis en Galicia composto polos seguintes títulos.



-Carmen Caramés, A casa da mina, Dr. Alveiros.

-Manuel Gago, O exército do fume, Xerais

-Luís Manuel García Mañá, Por que as sombras non teñen ollos, Xerais

-Fran P. Lorenzo, Cabalos e lobos, Xerais

-Eva Mejuto, Memoria do silencio, Xerais, 

-Xabier Quiroga, Izan o da saca, Xerais

 

Fixamos como día de reunión os luns e acordamos convocar as seguintes reunións a través dun grupo de washap. Tamén repartimos os libros entre as persoas asistentes.


As  reunións deste trimestre tiveron lugar os días 13 de outubro e 17 de novembro. Nelas comentamos os libros lidos. Tamén fomos observando as preferencias de lectura dos membros do club e  definindo as estratexias de funcionamento do club para os meses seguintes.