lunes, 10 de junio de 2024

Actividade do Club de lectura das familias no 1º trimestre do curso 2023-24

 

O Club de lectura das familias tivo unha 1ª sesión (de carácter informativo) o 19 de setembro de 2023 ás 6 da tarde, na que se anotaron inicialmente 12 membros (aínda que ao longo do trimestre se uniron 2 persoas máis formando un total de 13 nais e 1 pai). 

Nesa 1ª reunión fixéronse 3 propostas de lectura para intentar atender á diversidade de intereses dos membros:

-A dúbida, María Reimóndez, Xerais.



Premer aquí aquí para ampliar información sobre a obra.

-Subnormal. Unha historia de acoso escolar, Fernando Llorente e Miguel Porto, Retranca Editora.



Premer aquí aquí para ampliar información sobre a obra

-As horas roubadas, María Solar, Xerais.


Preme aquí aquí para ampliar información sobre o tema

Na 2ª sesión do 17 de outubro compartimos as primeiras valoracións sobre os textos escollidos e procedemos ao intercambio de exemplares. A 3ª sesión, celebrada o 14 de novembro, estivo dedicada principalmente á preparación do encontro coa escritora María Solar a propósito da súa obra. Varios membros do club solicitaron outras novelas da autora e repartíronse exemplares de Os nenos da varíola e d'A culpa.





A 4ª reunión, celebrada o 21 de novembro, foi unha charla literaria coa María Solar a propósito da súa obra literaria e na que respondeu ás nosas presuntas sobre As horas roubadas.






Na última reunión do trimestre, celebrada o 19 de decembro procedemos á valoración final das lecturas do trimestre e da propia actividade do club. A coordinadora procedeu a presentar a lectura do 2º trimestre e ao reparto de exemplares: a novela Pecados veniais de Nazaret López, editada por Xerais.


Podedes ver aquí aquí un vídeo presentación coa propia autora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario