lunes, 22 de noviembre de 2021

Próxima reunión do Club de Lectura: Xoves 2 de decembro no 1º recreo na Biblioteca

 O vindeiro xoves 2 de decembro reunirémonos na Biblioteca no 1º recreo para facer a 1ª posta en común das lecturas do club.

Esperámosvos!



viernes, 5 de noviembre de 2021

Presentámonos: Clubs de lectura do IES Xulián Magariños de Negreira

 

Neste curso pretendemos desenvolver un proxecto de CLUBS DE LECTURA con dous itinerarios lectores

1º) ITINERARIO LECTOR: A HISTORIA DE GALICIA A TRAVÉS DO CÓMIC GALEGO

PROPOSTAS LECTORAS:

-Ulf deJakobsland. Os viquingos en Galicia, Alberto Varela, Xerais, 2018.

[As invasións viquingas sécs. IX-XI]




-Aleida.Cidade sen alma, Víctor Boullón, Demoeditorial, 2016

[Santiago de compostela, 1188, a construción da catedral]



-Os lobos de Moeche, Manel Cráneo, Demoeditorial, 2012

[As revoltas irmandiñas, séc. XV]





-A tumba de Breogán, Abel Alves, Demoeditorial, 2020.

[1870 O Rexurdimento e o celtismo, Pondal, Murguía, Rosalía e Emilia Pardo Bazán]



- Wolfram. Espías, nazis e maquis, Alberto Varela, Xerais, 2020.

[O papel de Galicia na 2ª guerra mundial, o nazismo en Galicia]




-A causa do crime, TOKIO, Demoeditorial, 2014

[Vigo, 1984, as folgas obreiras]




Os DESTINATARIOS deste Itinerario son o Alumnado do 1º Ciclo da ESO


2º) ITINERARIO LECTOR: A HISTORIA CONTEMPORÁNEA ESPAÑOLA A TRAVÉS DO CÓMIC (ESPAÑOL )


PROPOSTAS LECTORAS:

-Jamás tendré 20 años, Jaime Martín, Norma editorial, 2016

[A Guerra civil e a posguerra dos perdedores]




-Los surcos del azar, Paco Roca, Astiberri ediciones, 2015

[o papel dos exiliados españois na 2ª guerra mundial]



-Regreso al Edén, Paco Roca, Astiberri ediciones, 2020

[A posguerra franquista]



-Las guerras silenciosas, Jaime Martín, Norma editorial, 2015

[anos 50 e 60, o servizo militar en África]



-Nieve en los bolsillos. Alemania 1963, Kim, Norma editorial, 2018

[a emigración a Europa]



-La casa, Paco Roca, Astiberri Ediciones, 2015

[A España dos 70/80 a través das lembranzas dos membros dunha familia]



Os DESTINATARIOS deste Itinerario son o profesorado do IES.


As nosas reunións empezaron a primeira semana deste mes de novembro na Biblioteca do IES. 

Reunirémonos nos recreos. Animádevos!