Para finalizar as nosas actividades deste intenso mes de abril, o martes 28 volvemos reunirnos na Casa da Cultura de Negreira para presentar e repartir as novas lecturas para os meses de maio e xuño.
-
Arantza Portabales, Asasinato na casa rosa, Galaxia.
-
Arantza Portabales, Asasinato no muíño do cura, Galaxia,
- María Solar, As malas ideas, Xerais.
Nesta ocasión despois da reunión realizamos unha visita guiada á exposición Castelao grafista, exposta no Centro sociocultural de Negreira. Nesta panorámica da obra gráfica de Castelao puidemos ver caricaturas publicadas na prensa ou láminas dos seus álbums máis coñecidos como Nós, Milicianos ou Atila en Galicia.
A coordinadora do Club realizou a visita guiada -á que estaba invitada (a través da aplicación Abalar) calquera persoa da comunidade educativa que quixese participar- e tróuxonos facsímiles dos álbums de Castelao que puidemos contemplar.






No hay comentarios:
Publicar un comentario