O 27 de abril realizamos un roteiro literario pola zona vella de Compostela acompañados de Manuel Portas sobre a súa novela Mazarelos.
Esta é a segunda ocasión que gozamos da súa compañía, pois o curso pasado xa nos visitara na Biblioteca do noso IES para falarnos dalgunhas das súas obras narrativas. Naquela visita mencionounos tamén a novela que estaba a escribir e que apareceu publicada a finais do pasado ano.
Grazas á xenerosidade deste autor, tivemos a enorme sorte de que nos acompañase polos espazos da súa novela nas rúas compostelás e de que compartise connosco o moito que sabe da nosa Historia.
Graciñas, Manolo, e ata a próxima!



No hay comentarios:
Publicar un comentario