lunes, 2 de enero de 2023

Actividades dos nosos clubs de lectura no 1º trimestre do curso 2022-2023: Posta en marcha do novo Club de manga

 Por petición do alumnado do IES no pasado curso 2021-22, este curso animámonos a poñer en marcha unha proposta de Club de manga para o alumnado que conta coa colaboración como co-coordinadores de 2 alumnos (1 rapaz e 1 rapaza) de 3º da ESO do noso centro.

No mes de setembro, antes da apertura oficial da Biblioteca (prevista para o luns 26 de setembro) preparamos a nosa "Zona manga" na Biblioteca. Trátase dun espazo que permite a exposición directa do material e tamén serve como zona de reunión para o alumnado.


O mesmo día da apertura oficial da Biblioteca, nos 2 recreos da mañá, houbo unha presentación para o alumnado interesado en participar no Clubs de manga realizada pola Coordinadora da biblioteca e polos 2 alumnos co-coordinadores. Explicamos o funcionamento e do Club e amosamos as propostas de lectura.




Na semana seguinte apuntáronse ao club de manga 20 alumnos da ESO (11 rapazas e 9 rapaces) de 1º (5 al.), 2º (6 al.) e 3º (9 al.). Acordouse crear 2 grupos de lectura equilibrados (de 10 al.) baixo a coordinación de cada un dos alumnos co-coordinadores: o 1º grupo formado polos 5 alumnos de 1º e e 5 alumnos de 2ª) e o 2º formado polos 9 al. de 3º e 1 alumno de 2º, e facer as reunións unha vez ao mes (no mesmo día os 2 grupos pero en distintos recreos).
As reunións deste 1º trimestre tiveron lugar os días 13 de outubro, 18 de novembro e 19 de decembro. Nas reunións (deixamos algunhas fotos) coméntanse os libros e fanse propostas de lectura.







Este 1º trimestre de actividades do Club de manga pechouse o día 20 de decembro pola tarde cunha Charla-encontro na Biblioteca con Gabriel Álvarez Martínez, tradutor profesional de manga.  




Para saber das súas traducións, premer aqui.

Foi un encontro estupendo no que Gabriel nos explicou como chegou a ser tradutor de xaponés, como é o seu traballo como tradutor e como é a súa relación coa cultura xaponesa. Aquí deixamos algunhas fotos dese encontro:






 

No hay comentarios:

Publicar un comentario