Este xoves no 1º recreo reunirémonos na Biblioteca para facer unha valoración das nosas lecturas e para presentar as novas adquisicións para o Club (suxeridas polos membros na anterior reunión)
.De Jaume Martín, Siempre tendremos 20 años, que pecha a triloxía que o autor dedica a contarnos a historia da súa familia.
Para os lectores máis novos do noso club de novela gráfica en galego, unha novidade ben interesante: Aldara, a lenda do cervo branco, de Inés Vázquez.
Agardámosvos!!
Como integrante do clube de lectura do Xulián Magariños, vouvos falar un pouco de dúas das obras de Jaime Martín: Jamás tendré 20 años e Las guerras silenciosas.
ResponderEliminarEn Jamás tendré 20 años imos atopar o antes, durante e despois da Guerra Civil española dende as experiencias vividas polos avós maternos do autor. As primeiras dúas páxinas, funcionan como unha síntese inocente da historia que estamos por ler e o primeiro capítulo atrápate e paralízate a partes iguais, dende ese momento xa non podes deixar de ler. As viñetas xogan un papel fundamental, e en moitas escenas bélicas cobra especial sentido a expresión “unha imaxe vale máis que mil palabras”. Cóntansenos as barbaridades, miserias, medos e inxustizas ás que se enfrontan non só os homes na fronte, senón tamén as mulleres que quedan casa. No derradeiro capítulo vemos como o matrimonio loita por sacar adiante á súa familia, zumegando un optimismo forzado e valente que é absolutamente necesario para poder seguir vivindo.
Moi recomendable.
En canto a Las guerras Silenciosas, a pesar de que os feitos que se narran son cronolóxicamente posteriores a Jamás tendré 20 años, o autor escolleu esta historia para abrir a triloxía. Eu síntoo, lin en orde cronolóxica, e igual por iso aínda me gustou máis o resultado. Esta vez mestúranse dúas liñas argumentais: o servizo militar do pai de Jaime Martín en Marrocos, e as dificultades no proceso creativo do propio escritor. E aínda que aquí tamén vemos penurias e inxustizas varias, percíbese un ton cómico que contrasta coa obra anterior. Resultoume interesante tamén reencontrarme con algúns personaxes e con esa narrativa tan didáctica que emprega o autor, facendo aclaracións históricas e incluíndo fotografías reais.
Isto é todo! Desexando rematar a triloxía!