Tal e como acordaramos na última reunión do Club do pasado curso 2021-22, neste novo curso o Club de lectura do Profesorado (formado nesta ocasión por 6 profesoras dos departamentos de Historia, Bioloxía, Lingua española e Lingua galega e coordinado pola responsable da biblioteca escolar) vai seguir un itinerario lector centrado nas biografías de mulleres escritoras.
A 1º parte deste itinerario xira arredor da figura de Emilia Pardo Bazán.
Nas dúas primeiras reunións do 1º trimestre (celebradas o 7 de outubro e o 1 de decembro) fíxose presentación e a primeira valoración das lecturas propostas sobre a súa figura: dúas biografías en castelán en formato novela gráfica e dúas propostas de ficción en galego, tamén en novela gráfica, que a inclúen como protagonista secundaria:
Emilia de la oscuridad a la luz
Emilia Pardo BazánNa última reunión do trimestre, celebrada o 20 de decembro, realizou a valoración final das lecturas e presentáronse dúas novas lecturas en galego sobre esta figura. O motivo desta ampliación das lecturas foi o interese que a figura de Emilia Pardo Bazán está suscitando entre os membros do Club polo que decidimos dedicarlle á súa figura máis tempo e actividades das inicialmente dispostas.
Estas lecturas son un ensaio e unha lectura de ficción:
Movendo os marcos do patriarcado. O pensamento feminista de Emilia pardo Bazán
A ladroa da Biblioteca de Meiras
Na mesma reunión acordamos que a visita á Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán na Coruña (prevista inicialmente como actividade de final de trimestre e imposible de realizar ao atoparse pechada por reformas) sexa substituída por un Roteiro que inclúa o Pazo de Meirás e a cidade vella coruñesa (a súa Marineda) no 2º trimestre.